Quero bautizar ó meu fillo… que teño que facer?
En primeiro lugar dar gracias a Deus que pón no teu corazón este desexo. Nós, como comunidade parroquial, alegrámonos de que Deus bendiga a túa familia con unha nova vida e queremos dar todas as facilidades para que reciba o sacramento do bautismo.
O proceso é sinxelo:
- Escoller aos padriños: Persoas de confianza e de fe que sexan un refente de vida cristiá. En consecuencia, os padriños deberán acreditar co “certificado de confirmación” que remataron a súa iniciación cristiá.
- Descargar o formulario de solicitude de bautismo: Debido á normativa de Protección de Datos, padres, padriños e testigos deberán firmar este documento para asentar os seus datos no Libro de Bautismo.
- Falar cos párrocos: Estaremos encantados de recibirvos no horario de despacho parroquial de 19h a 20h ou no mail parroquial (uapcarballino@obispadodeourense.com) para acordar unha cita para a charla prebautismal e o día do bautismo.
- Charla prebautismal: consiste nunha coloquio sinxelo no que o párroco explica o significado do bautismo aos pais e padriños mentres se realiza un pequeno ensaio da celebración.
E xa está!
Ahora deixámoste cun video do Papa Francisco donde explica o significado do ritos bautismais.