Corenta días de preparación ao tempo grande dos cristiáns: a Pascua. Tres cousas que nos poden axudar nesta preparación:
- O Xexún: Unha forma de manternos espertos, de darlle importancia ao fundamental. hai tantas cousas das que podemos prescindir, non só de carne: televisión, tabaco, murmuracións, comprar aquela cousa que non precisamos, palabras e xestos que fan dano…
- A Oración: Un tempo especial para intensificar a nosa oración. Ler a Biblia, non deixar que se encha de po nas estanterias dos nosos armarios, falar con ese bo amigo que é Deus noso pai a diario…
- A Esmola: Eso do que prescindimos pode concretarse nunha axuda aos máis necesitados. Hai tantas cousas que podemos brindar aos demáis, non só cartos: tempo, amizade, ilusión, unha visita a alguén que temos enfermo, unha palabra de alento…