Bo Nadal!

Belen2015
Tempo de Nadal:
Estamos neste tempo tan entrañable para todos, un tempo primeiro de preparación ao nacemento do Señor, e logo de celebración e gozo por el. No Templo da Veracruz está xa o Nacemento, como outros anos, posto. Pódese visitar antes e despois das celebracións, e estará ata pasar Reis, non deixedes de visitalo, paga a pena achegarse e pasar algo de tempo vendo os detalles, pero, sobre todo, revivindo e lembrando ese acontecemento que pasou hai mais de dous mil anos, Xesús veu quedarse entre nos, non veu de visita…
Outras datas importantes son:
– Día 12 de decembro: Por a tarde, as Conferencias de San Vicente de Paul teñen unha reunión con representantes de Ourense, para planificar o novo ano e avaliar o que se termina.
– Día 13 de decembro: IV Encontro Estatal de Corais, na Veracruz, algunha coral animará á eucaristía das 12,30 e, ao rematar, actuarán todas no Templo.
– Día 25 de decembro: O Coro do Orfeón do Carballiño animará musicalmente a eucaristía das 6 da tarde.
– Día 5 de xaneiro: Como de costume, recibiremos os Reis Magos na Veracruz, de onde partirá a cabalgata, que percorrerá algunhas rúas da vila, ata o Concello, donde serán recibidos e saudarán aos nenos e nenas do Carballiño.
– Día 6 de xaneiro: A Coral do Casino do Carballiño animará musicalmente a eucaristía das 6 da tarde.
– Día 9 de xaneiro: Solemne apertura da Porta da Misericordia, no Templo da Veracruz, ás 7 da tarde, presidida por o Sr. Bispo de Ourense, D. J. Leonardo. Con este xesto darrmos comezo aquí ao Ano Santo da Misericordia, convocado por o Papa Francisco. A eucaristía será animada por a Coral do Casino.
Desexar a todos e todas unhas moi boas festas, que o Nadal sexa un tempo para rencontrarnos coas nosas familias, pero, sobre todo, para rencontrarnos con este Deus que, un ano mais, quere nacer e quedarse con nos. Feliz Ano novo e que ao longo del vivamos a misericordia de este Deus que, sobre todo, é Pai.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Mes de novembro

Novembro, mes dos defuntos:
Comezamos o mes con dúas festas importantes: Todos os Santos e Fieis Defuntos. Ambas as dúas teñen algo en común, os “santos” mais cercanos a nós son os nosos defuntos, que poñemos nas mans de Deus noso Pai, coa confianza de que El lles dea esa vida eterna na que cremos os cristiáns. Visitar os cemiterios, lembrar os nosos familiares e coñecidos defuntos, pero non só un día ao ano, de moitos deles podemos aprender moitas cousas e, desde o Ceo, seguen botándonos unha man no noso camiñar.
Neste mes de novembro temos algunhas datas especiais:
– Día 11: Festa de San Martiño, patrono da nosa diocese, unha boa ocasión para achegarnos ata a catedral de Ourense e poñernos baixo a súa imaxe, repartindo a capa con un pobre.
– Día 14: Ás 7 da tarde, no Templo da Veracruz, funeral de ánimas por todos os defuntos da Cofradía da Veracruz, eucaristía animada por o Orfeón do Carballiño.
– Día 15: Domingo da Igrexa diocesana. Un domingo para sentirnos unidos todos os que formamos a diocese, para rezar e tamén para colaborar con ela. “Unha igrexa, e miles de istorias grazas a ti”. Que as noticias dos poucos que fan as cousas mal na igrexa non nos impidan ver o moito ben que fan moitos outros.
– Día 21: A Banda de Música do Carballiño celebra a súa patrona, Santa Cecilia, actuarán na eucaristía da tarde, ás 7.
– Día 29: Primeiro domingo de advento, tempo para poñernos a punto cara ao Nadal.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Volta ás actividades

Mes de outubro:
Despois destes meses de verán, chega de novo o tempo de poñer en marcha todas as actividades parroquiais. Algunhas xa comezaron e outras o irán facendo neste mes. Apuntade algunhas datas deste mes de outubro:
Día 4: Empezou de novo a eucaristía das 11,15 dos domingos, mais orientada aos nenos e á que animamos a todos a vir e participar, cantar, axudar,…
Día 7: Ás 6 da tarde, reunión cós pais e nais dos nenos de primeira comunión no colexio das franciscanas.
Día 8: Empeza a exposición có Santísimo, todos os xoves de 11 a 1 da mañá, na igrexa do centro.
Día 9: Ás 6 da tarde, no salón parroquial (casa parroquial) anotamos aos rapaces que van comenzar a preparación ao sacramento da confirmación. Os de segundo ano xa están anotados do ano anterior e xa contamos con eles.
Día 12: Festividade da Virxe do Pilar. Festivo civil e patrona da Garda Civil e dos empregados de Correos. Ás 12,30 hai eucaristía e procesión no Templo da Veracruz.
Día 18: Día do DOMUND, domingo mundial das misións, colecta en todas as eucaristías con esta finalidade.
Ademais hai outras datas importantes:
+ visitas aos enfermos: Xa comenzaron a facerse, se hai algunha persoa enferma que conveña visitar, ademais das que xa se visitan, pregamos nos avisen na parroquia.
+ estase a celebrar en Roma o Sínodo da Familia, ata o día 25, é interesante ler as novas que van chegando así como as homilías do Papa có gallo deste acontecemento, a familia é un dos pilares da sociedade e, por desgraza, está a pasar por moitos problemas e dificultades, teñamos presente esta intención nas nosas oracións.
+ mes de outubro, mes do rosario.O día 7 é a festa da Virxe do Rosario e todo o mes está dedicado a esta práctica de piedade, unha práctica ben sinxela, pero que nos pode aportar moito, ben feita, na nosa vida de piedade. Todos os días, media hora antes das eucaristías da mañá e da tarde, rezamos xuntos o rosario.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Setembro

Pasan os días…
Pouco a pouco van pasando os días e o verán comeza xa a despedirse de nós. Nestes meses non deixou de haber actividades na nosa parroquia. Bodas, bautizos, primeiras comunións, novenas, procesións… e tampouco faltaron os enterros e cabos de ano. Engadimos algunhas fotos das comunións, sobre todo dos días “comunitarios” onde foron mais numerosas: O día do Corpus, Santiago, Ascensión…
Por diante temos a novena ao noso patrón, S. Cibrao, desde o día 8. A festa de S. Cibrao, o 17, coa procesión solemne por as rúas do Carballiño, moitas actividades co gallo das festas da nosa vila, pero non esquezamos a parte relixiosa e pasemos un rato a saúdar ao noso patrono.

comuniones1

comuniones2

SCibrao

 

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

D. Manuel Rodicio

10625150_1464602870468758_6446478602801098871_n

Xa hai un ano que se nos foi…
Parece que foi onte, pero xa hai un ano que D. Manuel Rodicio nos deixou. O vindeiro sábado, 22 de agosto, ás 12 da mañá, no Templo da Veracruz teremos o seu cabodano. Seguímolo tendo presente no noso recordo e na nosa oración. Non deixes de vir.
Tomamos “prestada” a foto que no seu momento puxo a Cofradía da Veracruz e engadimos tamén unha parte do artículo que lle escribiu D. José Carlos Fernández Otero no diario “La Región”, que resume moi ben a súa figura:

“Existen días para olvidar, jornadas para un recuerdo triste. Este es el caso de Carballiño el 24 de agosto, fiesta de San Bartolomé, y día en el que nos dejaron dos personas queridas de esa para mí entrañable villa ourensana: Manolo Rodicio y Elia Hermida.

En primer lugar se nos ha ido el vicario parroquial de Carballiño y párroco de Señorín y Partovia, nuestro bien querido Manuel Rodicio Pérez. Y lo hizo como siempre había sido su estilo, en el silencio de una merecida siesta después del trabajo dominical. Llegó a la villa do Arenteiro el 31 de octubre de 1991 después de ejercer catorce años su ministerio en parroquias de la zona de Castro Caldelas, cerca de su lugar de nacimiento (24-10-1951) en el hermoso paraje de la Ribeira Sacra, Santa Cristina de Ribas do Sil. Había sido ordenado sacerdote el 27 de agosto de 1977.

Llegó a Carballiño siendo párroco Don Francisco, y al año siguiente comenzó una andadura fraternal con el actual párroco José Benito Sieiro, y con él y su hermana, durante 23 años, compartió casa, mesa y mantel. Porque Manolo Rodicio era un hombre tímido, humilde, sencillo, trabajador y discreto, que poco a poco se fue ganando el afecto y cariño de sus compañeros y también de sus feligreses. Un ejemplar sacerdote a quien el párroco y la parroquia de Carballiño van a echar mucho de menos…

Sigue siendo cierto que las personas nunca mueren de todo mientras vivan en el corazón de los vivos, y en este sentido permanecerán para siempre en nuestros corazones y en el recuerdo más sentido y entrañable. Descansen en paz estos dos personajes que han marcado una época en esa localidad especial en muchas cosas, desde la Veracruz, las aguas o el pulpo, hasta el afable carácter de sus vecinos.”

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Mes de xullo

Algunhas novas:

fotoobispo

  • O vindeiro 4 de xullo, sábado, teremos a visita pastoral do Sr. Bispo, D. J. Leonardo Lemos Montanet na nosa parroquia. Terá ocasión de encontrarse cós distintos grupos: Catequistas, Cofradías, Asociacións, etc… Tamén visitará o Asilo e a comunidade das Franciscanas. O día 18 estará en Señorín e Partovia.
  • Como outros anos, no verán suprímese a misa de 11,15 dos domingos. Xa está o horario actualizado nesta misma páxina web. Tamén as actividades parroquiais toman un merecido descanso nestes meses.
  • O día 7 de xullo comenza a novena á Virxe do Carme, o día 15 de xullo teremos, despois da eucaristía da tarde,a solemne procesión do Carme por as rúas do Carballiño, e o día 16 solemne eucaristía da festa.
  • O día 25 de xullo, festa do Apóstolo, día de precepto, farán a súa primeira comunión un grupo importante de rapaces. Os pais e nais dos mesmos teñen reunión no salón parroquial tres días antes para coordinarse (que haxa só un fotógrafo para todos eles, etc…).
Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Primeiras Comunións

Algúns detalles a ter en conta:
Os días comunitarios para facer a Primeira Comunión son:
Corpus Christi (7 xuño): ás 12 da mañá, con procesión a continuación.
Santiago Apóstolo (25 xullo): ás 12,30
Festa da Asunción (15 agosto): ás 12,30
Os que fagan a comunión nalgún destes días teñen que vir tres días antes para prepararse, ás 8,30 da tarde no Salón parroquial. Elexirase un só fotógrafo e un só encargado das flores para a misa.
Para os demáis días de Primera Comunión teñen que vir prepararse o día anterior, ás 8,30, na Veracruz.
Os que a fagan noutras parroquias deben pedir o certificado de estar preparado/a e o permiso no despacho parroquial, de 1 a 2 do mediodía.
Todos os nenos e nenas que fan este ano a Primeira Comunión deben participar na misa e na procesión do Corpus, o 7 de xuño, ás 12 da mañá. Poden traer os seus traxes ou ben poñer os que temos na igrexa.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Mes de maio

O mes da Virxe. Ven cheo de actividades, algunhas son:
Cursiños prematrimoniais: Do 4 ao 8, no salón parroquial. Para todas aquelas parellas que van casar pronto.
Actuación do coroSchola Gregoriana Lucensis“: O domingo, 10 de maio animará á eucaristía das 12,30 no Templo da Veracruz
Peregrinación ao Santuario da Virxe de Fátima, no Couto (Ourense): Como outros anos, participaremos na novena á nosa Señora o luns, día 11. Saímos ás 7 da tarde e xa se poden recoller os billetes para o autobús nas sacristías das dúas igrexas do Carballiño.
Confirmacións: O venres, día 15, ás 7 da tarde, no Templo da Veracruz, o Sr. Bispo confirmará aos que se prepararon nestes dous anos na nosa parroquia e nas parroquias cercanas.
Peregrinación á Virxe dos Milagres: Todo o arciprestazgo do Carballiño vamos o día 30, sábado, en peregrinación ao Santuario da Virxe dos Milagres, neste ano mariano que estamos a celebrar na nosa diocese. Xa se comunicarán mais detalles.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Pascua de Resurrección

Non está aquí, ¡Resucitou!. É a mensaxe importante deste novo tempo pascual. Cincuenta días temos para celebrar a fondo o feito mais importante da nosa fe, o que lle da sentido ás nosas crenzas. Se Cristo non resucitou, vivimos enganados. Pero Cristo resucitou, a morte foi vencida, o amor triunfa sobre o odio, a vida sobre a morte…
Que se nos note, aos cristiáns, que cremos na resurrección, que vivimos sabendo e confiando que non todo termina aquí, senón que nos espera esa outra vida, mais ben a perfección desta vida que estamos vivindo xa ainda que con moitos límites, preocupacións, problemas, sofrimentos… Todo iso ten os días contados porque Deus quérenos vivos, moi vivos, sempre vivos e felices para sempre. Se os cristiáns non somos capaces de vivir e mostrar a nosa alegría, ¿non será porque nos falta un chisco de fe nesa resurrección de Xesús, e tamén na nosa?.
“A ledicia do evanxeo”, a primeira carta que escribiu o Papa Francisco, pode ser este un tempo moi bo para dedicarlle uns minutos e ler algúns capítulos dela, ten moitas e boas cousas que podemos aplicar á nosa vida de cada día.
¡FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Cursiños Prematrimoniais

Do 9 ao 13 de marzo celebramos os cursiños de preparación ao matrimonio. Participaron once parellas e foron impartidos por matrimonios e os sacerdotes da parroquia. Algunhas fotos dos mesmos:

abril2015 022
abril2015 024
abril2015 028

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario