Menu
  • Inicio
  • Actividades
    • Atención enfermos
    • Caritas
    • Catequese Confirmación
    • Catequese Primeira Comunión
    • Cofradía Veracruz
    • Legión de María
  • Contacto
  • Despacho
  • Enlaces
  • Historia
    • D. Evaristo Vaamonde
    • Templo da Veracruz
    • Igrexia do centro
  • Horarios
    • Horario de Misas
    • Visitas Templo Veracruz
  • Intencións de Misas
  • Multimedia
    • Templo da Veracruz
    • Videos

UaP Carballiño

Unidad de Atención Parroquial (O Carballiño)
Nuestro Mail
uapcarballino@obispadodeourense.com
Podemos axudarte!
988270943
Axúdanos a axudar!

Templo da Veracruz

O Templo da Veracruz é «a probablemente mellor obra de arquitectura sacra do século XX español» (Rafael Otero Janeiro)
O proxecto orixinal de Antonio Palacios era moito máis ambicioso do que logo se poido facer. Incluía o Templo, pero tamén unha serie de edificacións complementarias: claustro, reitoral, equipamentos culturais, hostal de peregrinos… unha grande avenida que uniría o Templo da Veracruz coa estación de tren e a praza do Concello, a igrexa sería o centro dunha «gran Vía Sacra» facendo da zona un dos eixes centrais da vida no Carballiño.
A familia Pereira fixo doación do solar no que se levantou o templo, Dona María Rodríguez Vázquez doou varias fincas para contribuir tamén á edificación do Templo. Todos os veciños do Carballiño colaboraron económicamente para facer posible o soño de D. Evaristo. O 20 de xuño de 1943, domingo, tivo lugar a colocación da primeira pedra do Templo da Veracruz, contando cun presuposto de 17.000 pts que xa se gastaron ese mesmo día. Dende entón terían que pasar varios anos e moitos traballos e preocupacións de D. Evaristo ata que se poido rematar a construcción. Entre eles a morte de Antonio Palacios, o arquitecto, en outubro de 1945; en 1956 faleceu D.Adolfo Otero Landeira, o mestre contratista e gran canteiro…
O primeiro presuposto era duns 3 millóns de pesetas, o custo final, segundo Felipe Senén, sería duns 50 millóns. Houbo que adaptar os plans orixinais de Palacios ás posibilidades económicas reais, o que obligou a modificar algunhas cousas: Torre, alturas,… Os problemas económicos foron moi grandes, chegando ata levar a D. Evaristo Vaamonde a intentar vender o único camión que tiña e no que traia os materiais, a fin de pagar as débedas que se acumulaban, grazas a solidariedade dos carballiñeses, non foi necesaria dita venda… Colectas, donativos de veraneantes e emigrantes, poucas e cativas subvencións do Estado, foron axudando na construción. Finalmente, o 17 de setembro de 1952, festa de San Cibrao, patrono do Carballiño, inaugurouse oficialmente o templo, coa presenza de D. Evaristo e moitas autoridades civís e relixiosas. O Templo ainda non estaba rematado completamente. En 1960 D. Evaristo consegue, do Ministro de Facenda, a doazón dun Sagrario de prata, os seis candelabros de bronce, o porta-incensarios, a cruz parroquial a custodia… posteriormente outras familias irán doando as esculturas das imaxes, que se encargan ao escultor compostelán José Aldrey, como o gran Cristo que preside o altar, talla de 3 metros na que se pensaban incluir as reliquias da Vera Cruz, de José Aldrey son tamén os altoreleves policromados do Templo. Baixo o impulso de D. Francisco, párroco que sucedeu a D. Evaristo, remataron definitivamente as obras. No ano 2011 fixeronse varios arranxos na torre e no ano 2013 rematouse a zona axardinada que rodea o Templo.
En 1995 foi declarado «Ben de Interese Cultural», coa categoría de «monumento» e, nese mesmo ano, o 5 de outubro é declarado «Monumento Histórico Artístico».
O TEMPLO:
A torre, cunha altura de 52 m., combina simbolismo e expresionismo, preside a fronte e é un módulo diferente, unido por varios desniveis escalonados, ao corpo da igrexa, que pretende simbolizar un cruceiro na encrucillada dos camiños. As campás serán o símbolo da voz de Cristo, os miradores serán os brazos e a tradicional rosácea será o peito.
O pórtico cóbrese con grosas nervaduras inspiradas nun gótico inicial, apoiadas en catro sólidos baseamentos, trazados con contrafortes de forma escalonada, como pés incrustados ou prolongacións do mesmo chan.
A nave, dividida en dous corpos, presenta no primeiro o Baptisterio e a sacristía, inspirados na arquitectura dos pazos e fortalezas de Galicia. Un gran arco parabólico, lembremos as parábolas de Xesús, divide as dúas partes, nave e rotonda. O arco nace de tres puntos distintos, en equivalencia ao Misterio da Santísima Trinidade. A modo de dovelas, intercaladas con vidrieras, están os Apóstolos e Xesús, labrados in situ por o canteiro Xesús Saavedra.
A rotonda do cruceiro é unha parte do templo na que se esmera o arquitecto. Trazan o conxunto oito grosas columnas de base octogonal, esaxerando a chamada «orde galega» que caracteriza os varais dos cruceiros e outras construccións galegas. Sobre elas érguense os grandes arcos parabólicos que, a súa vez, acollen outras pequenas arcacións escalonadas, tiradas do románico borgoñón.
A xirola ten sete arquerías erguidas sobre columnas monolíticas de base circular. Os ábsides secundarios fórmanos catro capeliñas semicirculares situadas radialmente ao eixe diagonal da rotonda.
O coro alto está disponsto en tribuna escalonada, con arcos que se abocian, creando perspectivas e tratando a difusión do son e dunha luz ben medida.
No Templo da Veracruz conxugánse o historicismo, o expresionismo, o simbolismo e o colosalismo que, xunto coa utilización do granito, constitúen os alicerces da obra de Antonio Palacios.

Hai tamén unha boa reseña na seguinte web:

Instituto de Estudios carballiñeses.

Category

  • Sin categoría

Archives

  • junio 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • julio 2018
  • mayo 2018
  • abril 2018
  • marzo 2018
  • enero 2018
  • diciembre 2017
  • noviembre 2017
  • octubre 2017
  • julio 2017
  • mayo 2016
  • abril 2016
  • marzo 2016
  • febrero 2016
  • diciembre 2015
  • noviembre 2015
  • octubre 2015
  • septiembre 2015
  • agosto 2015
  • junio 2015
  • mayo 2015
  • abril 2015
  • marzo 2015
  • febrero 2015
  • enero 2015
UaP de Carballiño

Quisque non sollicitudin urna, sed maximus tellus. Integer fringilla dolor eu mi luctus dictum. Nulla libero nunc, hendrerit quis arcu id, porttitor rutrum lectus. Suspendisse malesuada hendrerit felis a bibendum. Class aptent taciti sociosqu ad litora torquent per conubia nostra, per inceptos himenaeos.

Aenean at orci vehicula, blandit sapien nec, imperdiet eros. Fusce mattis nulla dolor, et ullamcorper orci cursus iaculis.

Copyright © 2020. All rights reserved | Design & developed by Grace Themes