Parroquia de 
San Cibrao do Carballiño

Diócese de Ourense (España) - Arciprestazgo do Carballiño.
Rúa Evaristo Vaamonde, 3  (32500- O Carballiño) - Ourense - España

Tfn: +34 988-27094. Correo electrónico:  parroquia@parrpquiadocarballino.com

 

HISTORIA  DA  PARROQUIA  DO  CARBALLIÑO

Século XIX

    A Parroquia de San Cibrao do Carballiño foi crada o 24 de novembro de 1893 sendo bispo de Ourense D. Cesáreo Rodrigo Rodríguez.. Nun principio permaneceu unida a Parroquia de Señorín mentras non se construía a nova igrexa parroquial do Carballiño, a actual igrexa do Centro coñecida tamén como igrexa vella. O cemiterio parroquial tamén anexo e a beira da citada igrexa de Señorín. Os párrocos que rexentaron a parroquia ata o S. XX foron D. Pascual Pardo Montededeun , D Francisco Coello Melón e D. Crisanto Fernández Sires cos seus respectivos vicarios parroquiais.

Século XX

    Neste século a Parroquia medra cada ano máis en tódolos aspectos: demográficos,culturais e espirituais. Establécense dúas congregacións relixiosas: As "Hermanitas del Asilo" para atender aos anciáns e as "Relixiosas Franciscanas" para a formación e ensinanza dos nenos/as do Carballiño. Os "Hermanos Prieto" foron os fundadores destes dous centros. Ao mesmo tempo ábrense ao culto duas novas igrexas. D. Crisanto foi párroco do Carballiño dende 3 de febreiro do 1.900 ata o 27 do mesmo mes do ano 1.927 , data en que tomou posesión D. Florencio Carrasco Aquinada. Durante estes vintesete anos colaboran quince vicarios parroquiais.

    D. Luciano Evaristo Vaamonde Da Cortiña toma posesión da parroquia o 19 de xullo de 1.930. Cando transcorría o 1.943 comenza a construcción do fermoso templo da Veracruz, xoia emblemática do arquitecto porriñés Palacios e do constructor  Adolfo Otero. Colaboran con D. Evaristo sete vicarios parroquiais. A través destes anos é D. Evaristo o virtuoso párroco quen durante trinta e un anos dedica a súa vida ós filigreses e a igrexa da Veracruz. Morre en olor de santidade o 17 de abril de 1961.

    Naquel entón farase cargo da Parroquia D. José Díaz Díaz ata o ano seguinte en que toma posesión como novo párroco D. Francisco Vázquez Iglesias. Este último será o promotor da nova casa parroquial, da ampliación do cemiterio e do sosteñemento e conclusión das obras da igrexa da Veracruz. Con D. Francisco colaboran oito vicarios parroquiais.

    En maio do 1992 é nomeado párroco do Carballiño D. José Benito Sieiro González. Con el colaboran : D. Manuel Rodicio Pérez, párroco de Señorín e D. Juan Carlos Estévez Vázquez, diácono.  O longo dos dezaseis últimos anos exerceron a súa laboura pastoral doce diáconos do Seminario Maior de Ourense. Neste período renóvanse, píntanse e acométese un novo alumeado das dúas igrexas e da casa parroquial cun presuposto aproximado de 126.213 euros, amplíase o cemiterio parroquial e pastoralemente celébrase unha misión popular.

 

    VOLTAR AO INICIO