|
VICARÍA DE
PASTORAL
OBISPADO
DE OURENSE
Cuatrienio 2006 - 2010
Curso 2009 - 2010
CURSO 2009 –
2010:
OBXECTIVO XERAL
|
A Igrexa en
Ourense, reaviva e promove a
adoración a Xesucristo real e
permanentemente presente na
Eucaristía, sacrificio, comuñón
e reconciliación. |
OBXECTIVOS
PREFERENTES OU ESPECÍFICOS
PARA O CURSO 2009 – 2010
- Cultivar na
Comunidade cristiá a
formación e vivencia do
Misterio Eucarístico de cara
a súa adoración.
- Reavivar a
adoración na celebración da
Eucaristía e nos demáis
actos de culto eucarístico.
- Redescubri-la
celebración e a adoración
eucarísticas como fonte e
alimento da comuñón eclesial
e da solidariedade ca
humanidade ferida.
|
OBXECTIVO PREFERENTE 1º
(Anuncio e catequese)
|
Cultivar na Comunidade
cristiá a formación e vivencia
do Misterio Eucarístico de cara
a súa adoración. |
ACCIÓNS
NIVEL DIOCESÁN
- Realizar un cursiño sobre a
adoración. Responsables:
Vigairía de Pastoral e
Delegación de Liturxia (20 de
febreiro).
- Aproveitar a revista
Comunidade para concienciar a
xente sobre o senso, importacia
e esixencias da adoración.
Responsables: Delegación de
Medios, Liturxia e Catequese
(todo o curso).
- Na formación permanente do
clero profundizar nos temas
centrais da programación e
potencia-la adoracion nos
retiros. Responsable:
Vigairía para o Clero (todo o
curso).
- Confeccionar materiais
catequéticos sobre o significado
e esixencias da adoración.
Responsable: Delegación de
Catequese.
NIVEL ARCIPRESTAL
- Dentro da temática da semana
da familia suliñar “a dimensión
eucarística da Igrexa
doméstica”. Responsables:
Delegación da Familia e Sr.
Arcipreste.
- Na semana da familia coidar
dun xeito especial a celebración
da Eucaristía. Responsable:
Delegación da Familia.
NIVEL PARROQUIAL
- Ter e dar a coñecer o
“Ritual da Sagrada Comuñón e do
Culto a Eucaristía fora da Misa”
para o seu uso litúrxico e
formativo. Responsables:
Párroco e Axentes de Pastoral.
OBXECTIVO PREFERENTE 2º
(Liturxia)
|
Reavivar a adoración na
celebración da Eucaristía e nos
demáis actos de culto
eucarístico. |
ACCIÓNS
NIVEL DIOCESÁN
- Reeditar os trípticos sobre
a adoración, de xeito que sirvan
para a visita e as exposicións
do Santísimo. Responsable:
Vigairía de Pastoral.
- Elaboración de guións
litúrxicos sobre o senso da
adoración e do culto a
Eucaristía para utiliza-los nos
domingos do Tempo Ordinario do
17 de xaneiro ao 7 de febreiro.
Responsable: Delegación de
Liturxia.
- Potenciar dunha forma moi
especial a procesión do Corpus e
a adoración do Xoves Santo.
Responsable: Delegación de
Liturxia.
NIVEL ARCIPRESTAL
- Crear ou potenciar en cada
arciprestado un lugar de
referencia da adoración e da-lo
a coñecer (santuarios…).
Responsable: Sr. Arcipreste.
- Promover un acto arciprestal
de adoración. Onde haxa
celebracións interparroquiais da
Semana Santa, aproveitar o
momento da oración ante o
Monumento. Responsable: Sr.
Arcipreste.
- Ensaiar cantos eucarísticos
e compartir iniciativas para
promove-la adoración.
Responsable: Sr. Arcipreste
NIVEL PARROQUIAL
- Campaña para promover o
silencio e a oración nos espazos
sagrados (carteis, avisos e
outros medios).
Responsables: Párroco e Equipo
de Liturxia.
- Coidar os silencios na
celebración, en especial no
momento da acción de grazas.
Responsables: Párroco e Equipo
de Liturxia.
- Promover momentos de
adoración con nenos, mozos e
adultos en orde a crear hábitos
de silencio e oración.
Responsables: Párroco, Equipo de
Liturxia, Catequistas, Talleres
de Oración, Escola de Silencio e
grupos de Adoración nocturna e
diurna.
- Facer un esforzo por manter
abertos os templos, establecendo
turnos de adoración, e informar
dos horarios. Responsables:
Párroco e Equipo de Liturxia.
- Procurar catequizar sobre o
xeito de distribuir e recibi-la
Sagrada Comuñón.
Responsables: Párroco e Equipo
de Liturxia.
- Coidar con esmero e decoro a
dignidade da celebración, os
distintos ministerios e espazos
celebrativos (iluminación,
lámpada do Santísimo, posturas
corporais, xestos,…).
Responsables: Párroco e Equipo
de Liturxia.
OBXECTIVO PREFERENTE 3º
(Caridade e Comuñón)
|
Redescubri-la
celebración e a adoración
eucarísticas como fonte e
alimento da comuñón eclesial e
da solidariedade ca humanidade
ferida. |
ACCIÓNS:
NIVEL DIOCESÁN
- Elaborar un elenco de textos
bíblicos, patrísticos,
litúrxicos e maxisteriais que
relacionen Eucaristía, Comuñón e
Solidariedade. Responsables:
Vigairía de Pastoral,
Delegacións de Liturxia e
Catequese.
- Campaña de solidariedade
coas familias afectadas pola
crise, propondo un xesto
concreto (un día de xornal) que
se canalizará perante Cáritas
diocesana e parroquiais.
- Presentación e difusión da
Encíclica “Caridade na verdade”.
Responsables: Cáritas
Diocesana e Instituto Teolóxico
“Divino Maestro”.
NIVEL ARCIPRESTAL
- Promove-la participación dos
leigos creando e potenciando
estructuras que propicien unha
meirande comuñón arciprestal.
Responsable: Sr. Arcipreste.
- Favorecer e promove-la
fraternidade e comuñón
sacerdotal participando na
formación permanente (retiros,
formación intelectual, pastoral
e momentos lúdico-festivos).
Responsables: Sr. Arcipreste e
Sacerdotes.
- Potenciar Cáritas a nivel
arciprestal e animar a creación
de Cáritas parroquiais onde sexa
posible. Responsables:
Cáritas Diocesana, Sr.
Arcipreste e Cregos.
NIVEL PARROQUIAL
- Colecta do primeiro domingo
de cada mes para Cáritas.
Responsables: Párroco e Equipo
de Cáritas.
- Aproveita-las catequeses
presacramentais para
sensibilizar na austeridade e na
solidariedade que xurde da fe en
Cristo Eucaristía.
Responsables: Párroco,
Catequistas e Axentes de
pastoral familiar.
- Descubrir na Comunidade a
presenza de persoas en situación
de risco ou exclusión social e
buscar canles de acompañamento.
Responsables: Párroco,
Cáritas Parroquiais e Pastoral
da Saúde.
|
ANO SANTO COMPOSTELANO
1 de xaneiro de 2010 ó
30 de decembro de 2010
|
OBXECTIVO: Como
Igrexa peregrina renovar a nosa fe
apostólica, lucrándonos da graza xubilar.
ACCIÓNS A NIVEL DIOCESÁN
- Informar e animar a
participación na peregrinación
diocesana o 22 de maio de 2010.
Percurar que se xunten o meirande
número de parroquias.
Responsable:
Delegado Episcopal para o Ano Santo
Compostelano.
- Os mozos da nosa diocese fan o
camiño de Santiago.
Responsable:
Delegado da mocidade.
- Peregrinación de nenos a
Santiago. Responsables:
Delegacións de infancia, misións e
catequese.
- Distribuir tríptico informativo
sobre o ano xubilar.
Responsable:
Delegado Episcopal para o Ano Santo
Compostelano.
- Peregrinación dos catequistas a
Santiago en unión coas dioceses
galegas. Responsable:
Delegación de catequese.
- Peregrinación dos alumnos de
relixión dos colexios de ensinanzas
medias a Santiago.
Responsables:
Delegación de ensino e profesores de
relixión.
ACCIÓNS A NIVEL ARCIPRESTAL
- Animar ó arciprestado a
participar na peregrinación
diocesana. Responsable:
Sr. Arcipreste.
- Preparación adecuada e
celebracións penitenciais puntuais
para facilitar ganar o xubileo.
Responsable:
Sr. Arcipreste.
- Catequese sobre o ano xubilar.
Responsable:
Delegación de catequese.
- Información adecuada nos
albergues sobre as axudas
espirituais ós peregrinos.
Responsable:
Sr. Arcipreste e párrocos
correspondentes.
|
ANO SACERDOTAL
19 de xuño de 2009 a 11
de xuño de 2010.
|
OBXECTIVO: Promover
e coordinar as diversas iniciativas
espirituais e pastorais que se presenten
para “axudar a percibir, cada vez máis,
a importancia do papel e da misión do
sacerdote na Igrexa e na sociedade
contemporánea”.
ACCIÓS A NIVEL DIOCESÁN
- Organizar unha peregrinación
diocesana a Roma coincidindo co
encontro mundial de cregos.
Responsable:Vigairía
para o clero.
- Solemnizar e invitar a
participar nas celebracións
especificamente sacerdotais: Misa
crismal, San Xoán de Ávila,
Xesucristo Sumo e Eterno Sacerdote,
San Xoán María Vianney e Órdenes
Sagradas. Responsable:Vigairía
para o clero.
- Animar ó clero diocesán e
relixioso a participar nas distintas
tandas de exercicios e retiros
espirituais. Responsable:Vigairía
para o clero.
- Cercanía e preocupación polos
cregos nas súas distintas situacións.
Responsable:Vigairía
para o clero.
- Elaborar catequesis sobre o
sacerdocio a partir de Cristo Bo
Pastor, Mestre e Esposo.
Responsable:
Vigairía para o clero e Delegación
de catequese.
- Campaña vocacional adecuada ós
tempos actuais.
Responsable:
Delegación de vocacións.
- Organizar unha conferencia sobre
a figura do Santo cura de Ars na
festividade de San Xoán de Ávila.
Responsable:
Vigairía para o clero.
- Concienciar ós fieis cristiáns
sobre a identidade e misión dos
cregos diocesáns. Responsable:
Vigairía para o clero.
- Publicar semblanzas de cregos
defuntos que destacaron no seu labor
sacerdotal. Responsable:
Vigairía para o clero.
NIVEL ARCIPRESTAL
- Facilitar en cada arciprestado a
participación dos cregos nos
exercicios e retiros espirituais.
Responsable:
Sr. Arcipreste.
- Celebrar a nivel arciprestal a
festividade do Bo Pastor.
Responsable:
Sr. Arcipreste.
- Presencia dunha digna
representación de cada arciprestado
na Misa Crismal.
Responsable: Sr.
Arcipreste.
- Involucrar ós fieis cristiáns na
oración polos cregos e polas
vocacións sacerdotais.
Responsable: Sr.
Arcipreste.
- Cunplimento das distintas
normativas diocesanas en aras dunha
meirande comuñón eclesial.
Responsable:
Sr. Arcipreste.

|