Tempo de Coresma

PortaMisericordia
Apertura da Porta da Misericordia na Veracruz
O mércores de Cinsa marca o inicio do tempo da Coresma. Corenta días para prepararnos ben ás celebracións da Paixón e Resurrección do Señor. Un tempo para mellorar a nosa relación con Deus (a oración), cós demais (a esmola) e con nós mesmos (o xaxún). Un tempo no que podemos renunciar a comer carne os venres, pero tamén podemos renunciar a tantas cousas que nos atan e non nos deixan dar o mellor de nos mesmos: demasiada televisión con horas perdidas vendo programas que non nos aportan nada bo, moitas horas enganchados a internet, aos móviles e ás redes sociais, non temos tempo para falar coa xente, para vivir… pode ser un bo xesto desta coresma renunciar tamén a algún dese tempo “perdido” e dedicarllo aos outros, a Deus… Estamos celebrando o Ano da Misericordia, non esquezamos ese importante sacramento da reconciliación, que nos axuda a ir mellorando, a revisar a nosa vida, a acoller de novo o perdón que Deus sempre nos da… todos os días, antes das eucaristías, hai confesores a disposición na nosa parroquia, aproveitemos estas ocasións para vivir a nosa fe con mais profundidade.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.