Bo Nadal!

Belen2015
Tempo de Nadal:
Estamos neste tempo tan entrañable para todos, un tempo primeiro de preparación ao nacemento do Señor, e logo de celebración e gozo por el. No Templo da Veracruz está xa o Nacemento, como outros anos, posto. Pódese visitar antes e despois das celebracións, e estará ata pasar Reis, non deixedes de visitalo, paga a pena achegarse e pasar algo de tempo vendo os detalles, pero, sobre todo, revivindo e lembrando ese acontecemento que pasou hai mais de dous mil anos, Xesús veu quedarse entre nos, non veu de visita…
Outras datas importantes son:
– Día 12 de decembro: Por a tarde, as Conferencias de San Vicente de Paul teñen unha reunión con representantes de Ourense, para planificar o novo ano e avaliar o que se termina.
– Día 13 de decembro: IV Encontro Estatal de Corais, na Veracruz, algunha coral animará á eucaristía das 12,30 e, ao rematar, actuarán todas no Templo.
– Día 25 de decembro: O Coro do Orfeón do Carballiño animará musicalmente a eucaristía das 6 da tarde.
– Día 5 de xaneiro: Como de costume, recibiremos os Reis Magos na Veracruz, de onde partirá a cabalgata, que percorrerá algunhas rúas da vila, ata o Concello, donde serán recibidos e saudarán aos nenos e nenas do Carballiño.
– Día 6 de xaneiro: A Coral do Casino do Carballiño animará musicalmente a eucaristía das 6 da tarde.
– Día 9 de xaneiro: Solemne apertura da Porta da Misericordia, no Templo da Veracruz, ás 7 da tarde, presidida por o Sr. Bispo de Ourense, D. J. Leonardo. Con este xesto darrmos comezo aquí ao Ano Santo da Misericordia, convocado por o Papa Francisco. A eucaristía será animada por a Coral do Casino.
Desexar a todos e todas unhas moi boas festas, que o Nadal sexa un tempo para rencontrarnos coas nosas familias, pero, sobre todo, para rencontrarnos con este Deus que, un ano mais, quere nacer e quedarse con nos. Feliz Ano novo e que ao longo del vivamos a misericordia de este Deus que, sobre todo, é Pai.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.