Mes de novembro

Novembro, mes dos defuntos:
Comezamos o mes con dúas festas importantes: Todos os Santos e Fieis Defuntos. Ambas as dúas teñen algo en común, os “santos” mais cercanos a nós son os nosos defuntos, que poñemos nas mans de Deus noso Pai, coa confianza de que El lles dea esa vida eterna na que cremos os cristiáns. Visitar os cemiterios, lembrar os nosos familiares e coñecidos defuntos, pero non só un día ao ano, de moitos deles podemos aprender moitas cousas e, desde o Ceo, seguen botándonos unha man no noso camiñar.
Neste mes de novembro temos algunhas datas especiais:
– Día 11: Festa de San Martiño, patrono da nosa diocese, unha boa ocasión para achegarnos ata a catedral de Ourense e poñernos baixo a súa imaxe, repartindo a capa con un pobre.
– Día 14: Ás 7 da tarde, no Templo da Veracruz, funeral de ánimas por todos os defuntos da Cofradía da Veracruz, eucaristía animada por o Orfeón do Carballiño.
– Día 15: Domingo da Igrexa diocesana. Un domingo para sentirnos unidos todos os que formamos a diocese, para rezar e tamén para colaborar con ela. “Unha igrexa, e miles de istorias grazas a ti”. Que as noticias dos poucos que fan as cousas mal na igrexa non nos impidan ver o moito ben que fan moitos outros.
– Día 21: A Banda de Música do Carballiño celebra a súa patrona, Santa Cecilia, actuarán na eucaristía da tarde, ás 7.
– Día 29: Primeiro domingo de advento, tempo para poñernos a punto cara ao Nadal.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.