Volta ás actividades

Mes de outubro:
Despois destes meses de verán, chega de novo o tempo de poñer en marcha todas as actividades parroquiais. Algunhas xa comezaron e outras o irán facendo neste mes. Apuntade algunhas datas deste mes de outubro:
Día 4: Empezou de novo a eucaristía das 11,15 dos domingos, mais orientada aos nenos e á que animamos a todos a vir e participar, cantar, axudar,…
Día 7: Ás 6 da tarde, reunión cós pais e nais dos nenos de primeira comunión no colexio das franciscanas.
Día 8: Empeza a exposición có Santísimo, todos os xoves de 11 a 1 da mañá, na igrexa do centro.
Día 9: Ás 6 da tarde, no salón parroquial (casa parroquial) anotamos aos rapaces que van comenzar a preparación ao sacramento da confirmación. Os de segundo ano xa están anotados do ano anterior e xa contamos con eles.
Día 12: Festividade da Virxe do Pilar. Festivo civil e patrona da Garda Civil e dos empregados de Correos. Ás 12,30 hai eucaristía e procesión no Templo da Veracruz.
Día 18: Día do DOMUND, domingo mundial das misións, colecta en todas as eucaristías con esta finalidade.
Ademais hai outras datas importantes:
+ visitas aos enfermos: Xa comenzaron a facerse, se hai algunha persoa enferma que conveña visitar, ademais das que xa se visitan, pregamos nos avisen na parroquia.
+ estase a celebrar en Roma o Sínodo da Familia, ata o día 25, é interesante ler as novas que van chegando así como as homilías do Papa có gallo deste acontecemento, a familia é un dos pilares da sociedade e, por desgraza, está a pasar por moitos problemas e dificultades, teñamos presente esta intención nas nosas oracións.
+ mes de outubro, mes do rosario.O día 7 é a festa da Virxe do Rosario e todo o mes está dedicado a esta práctica de piedade, unha práctica ben sinxela, pero que nos pode aportar moito, ben feita, na nosa vida de piedade. Todos os días, media hora antes das eucaristías da mañá e da tarde, rezamos xuntos o rosario.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.