Pascua de Resurrección

Non está aquí, ¡Resucitou!. É a mensaxe importante deste novo tempo pascual. Cincuenta días temos para celebrar a fondo o feito mais importante da nosa fe, o que lle da sentido ás nosas crenzas. Se Cristo non resucitou, vivimos enganados. Pero Cristo resucitou, a morte foi vencida, o amor triunfa sobre o odio, a vida sobre a morte…
Que se nos note, aos cristiáns, que cremos na resurrección, que vivimos sabendo e confiando que non todo termina aquí, senón que nos espera esa outra vida, mais ben a perfección desta vida que estamos vivindo xa ainda que con moitos límites, preocupacións, problemas, sofrimentos… Todo iso ten os días contados porque Deus quérenos vivos, moi vivos, sempre vivos e felices para sempre. Se os cristiáns non somos capaces de vivir e mostrar a nosa alegría, ¿non será porque nos falta un chisco de fe nesa resurrección de Xesús, e tamén na nosa?.
“A ledicia do evanxeo”, a primeira carta que escribiu o Papa Francisco, pode ser este un tempo moi bo para dedicarlle uns minutos e ler algúns capítulos dela, ten moitas e boas cousas que podemos aplicar á nosa vida de cada día.
¡FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.