Primeiras comunións

Como ven sendo costume, recordamos algunhas cousas de cara aos que van facer a Primeira Comunión:
+ Os días preferentes e comunitarios para facela son:
– Corpus Christi (29 de maio) na eucaristía das 12 da mañá, seguida da Procesión do Corpus
– Santiago Apóstolo (25 de xullo) na eucaristía das 12,30
– Asunción da Virxe María (15 de agosto) na eucaristía das 12,30
Antes destas datas teremos preparación das comunións no Salón Parroquial. Elexirase UN SÓ FOTÓGRAFO e UN SÓ ENCARGADO DAS FLORES.

+ Os que van facer a Primeira Comunión noutra parroquia e se prepararon nesta deben pedir o certificado de preparación e o permiso no despacho parroquial

+ Os que fagan a Primeira Comunión noutros días prepáranse o día anterior, ás 8,30 da tarde, na Veracruz

+ Todos os nenos e nenas que fan este año a Primeira Comunión participan na Procesión do Corpus, o domingo 29 de maio ás 12 da mañá.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Tempo Pascual

Moitas cousas se van xuntando nestes días:
+ Nova exortación do papa Francisco, “Amoris Laetitia”, despois dos dous Sínodos sobre a familia. Unha exhortación para ler de vagar. Moito se ten falado dela nestes días, o mellor e ir as fontes, descargala e leela con atención, ten moitas e moi boas cousas. Podes descargala aquí.

Temos por diante unha chea de actividades para celebraren os días de Pascua.
+ 15 abril: Participamos no X Encontro Diocesán en Celanova. Preto duns 500 nenos e neas da nosa diocese nos xuntamos en Celanova para pasar o día. O tempo non acompañou, malia a chuvia houbo moitas actividades: benvida, xogos, eucaristía presidida por o Sr. Bispo, visita ao mosteiro de San Rosendo. Volvimos con ganas de mais, botamos de menos aos que non se animaron a ir…

Encontro

+ 20 Abril: Reunión cós pais e nais dos nenos de Primeira Comunión e encontro na Semana da Familia. Mais de 60 pais e nais participaron nesta actividade no Salón Parroquial. Un matrimonio de “Equipos da Nosa Señora” de Ourense encargouse do encontro. Falamos sobre o Ano da Misericordia e a familia.

 Encontro Familias 2016Encontro Familias 2016

Por diante temos:
+ 30 Abril: Encontro de catequistas en Ourense

Mes de Maio:

Como ven sendo tradicional, no mes de maio celebramos o “Mes de María“, có rezo do Santo Rosario antes das eucaristías, seguido de oración do mes da Virxe.
+ 6 maio: Ás 7 da tarde, confirmacións na Veracruz, presididas por o Sr. Bispo, D. J. Leonardo
+ 11 de maio: Peregrinación e participación na Novena da Virxe de Fátima, no seu Santuario do Couto.
+ 29 maio: Festa do Corpus Christi, con procesión e Primeiras comunións

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Semana Santa 2016

Engadimos os horarios das celebracións de Semana Santa:

+ 12 marzo: 19,00 Eucaristía e nombramento de Cofrade de Honor
20.15 Conferencia no Asilo: D.José Manuel García “A Semana Santa do Carballiño e a Arte Hispánica”
+ 15 marzo: 20,00 Conferencia no Asilo: D. Francisco Ramón Durán, “A Semana Santa do Ano da Misericordia e o perdón”
+ 16 marzo: 20,00 Conferencia no Asilo: D. Francisco José Prieto: “Ser rostros vivos da Misericordia”
+ 18 marzo: 20,00 Santa misa na Igrexa do Centro seguida da PROCESIÓN do Traslado da Virxe das Dores á Veracruz
+ 19 marzo: Festa litúrxica de S. Xosé, misas de festivo.
20,00 Conferencia no Asilo: D. Domingo Luis González: “As cofradías da Veracruz e a espiritualidade dominicana e franciscana na Semana Santa galega”
+ 20 marzo:DOMINGO DE RAMOS.
12:00 PROCESIÓN DE RAMOS,desde a Igrexa do Centro ata a Veracruz, seguida da eucaristía.

+ 23 de marzo:MÉRCORES SANTO
20:30 H. Vía Crucis de Xóvenes na Veracruz.

+ 24 de marzo: XOVES SANTO:
10:00 na Igrexa do Centro, Celebración Penitencial.
16:30 Capela do Asilo, celebración da Cea do Señor.
19:00 Templo da Veracruz, celebración da Cea do Señor
22:00 Hora Santa no Templo da Veracruz.
23:30 PROCESIÓN DE N. Sr. da SENTENZA, desde a Capela do Asilo ata a Veracruz

+ 25 de marzo: VENRES SANTO
16:30 Capela do Asilo: Celebración da Paixón do Señor
18:00 Templo de la Veracruz, Celebración da Paixón do Señor
21:00 PROCESIÓN SOLEMNE DO SANTO ENTERRO OU ” DOS CALADIÑOS”

+ 26 de marzo: SÁBADO SANTO.
11:00 Templo da Veracruz: Vía Crucis Solemne.
20:30 Capela do Asilo,celebración da Vixilia Pascual.
22:00 Templo da Veracruz: Vixilia Pascual.
(Hai cambio de hora, adiántase o reloxo unha hora a noite do sábado ao domingo)

+ 27 de marzo: DOMINGO DE PASCUA
12,30: Eucaristía da Pascua do Señor, no Templo da Veracruz

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Tempo de Coresma

PortaMisericordia
Apertura da Porta da Misericordia na Veracruz
O mércores de Cinsa marca o inicio do tempo da Coresma. Corenta días para prepararnos ben ás celebracións da Paixón e Resurrección do Señor. Un tempo para mellorar a nosa relación con Deus (a oración), cós demais (a esmola) e con nós mesmos (o xaxún). Un tempo no que podemos renunciar a comer carne os venres, pero tamén podemos renunciar a tantas cousas que nos atan e non nos deixan dar o mellor de nos mesmos: demasiada televisión con horas perdidas vendo programas que non nos aportan nada bo, moitas horas enganchados a internet, aos móviles e ás redes sociais, non temos tempo para falar coa xente, para vivir… pode ser un bo xesto desta coresma renunciar tamén a algún dese tempo “perdido” e dedicarllo aos outros, a Deus… Estamos celebrando o Ano da Misericordia, non esquezamos ese importante sacramento da reconciliación, que nos axuda a ir mellorando, a revisar a nosa vida, a acoller de novo o perdón que Deus sempre nos da… todos os días, antes das eucaristías, hai confesores a disposición na nosa parroquia, aproveitemos estas ocasións para vivir a nosa fe con mais profundidade.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Bo Nadal!

Belen2015
Tempo de Nadal:
Estamos neste tempo tan entrañable para todos, un tempo primeiro de preparación ao nacemento do Señor, e logo de celebración e gozo por el. No Templo da Veracruz está xa o Nacemento, como outros anos, posto. Pódese visitar antes e despois das celebracións, e estará ata pasar Reis, non deixedes de visitalo, paga a pena achegarse e pasar algo de tempo vendo os detalles, pero, sobre todo, revivindo e lembrando ese acontecemento que pasou hai mais de dous mil anos, Xesús veu quedarse entre nos, non veu de visita…
Outras datas importantes son:
– Día 12 de decembro: Por a tarde, as Conferencias de San Vicente de Paul teñen unha reunión con representantes de Ourense, para planificar o novo ano e avaliar o que se termina.
– Día 13 de decembro: IV Encontro Estatal de Corais, na Veracruz, algunha coral animará á eucaristía das 12,30 e, ao rematar, actuarán todas no Templo.
– Día 25 de decembro: O Coro do Orfeón do Carballiño animará musicalmente a eucaristía das 6 da tarde.
– Día 5 de xaneiro: Como de costume, recibiremos os Reis Magos na Veracruz, de onde partirá a cabalgata, que percorrerá algunhas rúas da vila, ata o Concello, donde serán recibidos e saudarán aos nenos e nenas do Carballiño.
– Día 6 de xaneiro: A Coral do Casino do Carballiño animará musicalmente a eucaristía das 6 da tarde.
– Día 9 de xaneiro: Solemne apertura da Porta da Misericordia, no Templo da Veracruz, ás 7 da tarde, presidida por o Sr. Bispo de Ourense, D. J. Leonardo. Con este xesto darrmos comezo aquí ao Ano Santo da Misericordia, convocado por o Papa Francisco. A eucaristía será animada por a Coral do Casino.
Desexar a todos e todas unhas moi boas festas, que o Nadal sexa un tempo para rencontrarnos coas nosas familias, pero, sobre todo, para rencontrarnos con este Deus que, un ano mais, quere nacer e quedarse con nos. Feliz Ano novo e que ao longo del vivamos a misericordia de este Deus que, sobre todo, é Pai.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Mes de novembro

Novembro, mes dos defuntos:
Comezamos o mes con dúas festas importantes: Todos os Santos e Fieis Defuntos. Ambas as dúas teñen algo en común, os “santos” mais cercanos a nós son os nosos defuntos, que poñemos nas mans de Deus noso Pai, coa confianza de que El lles dea esa vida eterna na que cremos os cristiáns. Visitar os cemiterios, lembrar os nosos familiares e coñecidos defuntos, pero non só un día ao ano, de moitos deles podemos aprender moitas cousas e, desde o Ceo, seguen botándonos unha man no noso camiñar.
Neste mes de novembro temos algunhas datas especiais:
– Día 11: Festa de San Martiño, patrono da nosa diocese, unha boa ocasión para achegarnos ata a catedral de Ourense e poñernos baixo a súa imaxe, repartindo a capa con un pobre.
– Día 14: Ás 7 da tarde, no Templo da Veracruz, funeral de ánimas por todos os defuntos da Cofradía da Veracruz, eucaristía animada por o Orfeón do Carballiño.
– Día 15: Domingo da Igrexa diocesana. Un domingo para sentirnos unidos todos os que formamos a diocese, para rezar e tamén para colaborar con ela. “Unha igrexa, e miles de istorias grazas a ti”. Que as noticias dos poucos que fan as cousas mal na igrexa non nos impidan ver o moito ben que fan moitos outros.
– Día 21: A Banda de Música do Carballiño celebra a súa patrona, Santa Cecilia, actuarán na eucaristía da tarde, ás 7.
– Día 29: Primeiro domingo de advento, tempo para poñernos a punto cara ao Nadal.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Volta ás actividades

Mes de outubro:
Despois destes meses de verán, chega de novo o tempo de poñer en marcha todas as actividades parroquiais. Algunhas xa comezaron e outras o irán facendo neste mes. Apuntade algunhas datas deste mes de outubro:
Día 4: Empezou de novo a eucaristía das 11,15 dos domingos, mais orientada aos nenos e á que animamos a todos a vir e participar, cantar, axudar,…
Día 7: Ás 6 da tarde, reunión cós pais e nais dos nenos de primeira comunión no colexio das franciscanas.
Día 8: Empeza a exposición có Santísimo, todos os xoves de 11 a 1 da mañá, na igrexa do centro.
Día 9: Ás 6 da tarde, no salón parroquial (casa parroquial) anotamos aos rapaces que van comenzar a preparación ao sacramento da confirmación. Os de segundo ano xa están anotados do ano anterior e xa contamos con eles.
Día 12: Festividade da Virxe do Pilar. Festivo civil e patrona da Garda Civil e dos empregados de Correos. Ás 12,30 hai eucaristía e procesión no Templo da Veracruz.
Día 18: Día do DOMUND, domingo mundial das misións, colecta en todas as eucaristías con esta finalidade.
Ademais hai outras datas importantes:
+ visitas aos enfermos: Xa comenzaron a facerse, se hai algunha persoa enferma que conveña visitar, ademais das que xa se visitan, pregamos nos avisen na parroquia.
+ estase a celebrar en Roma o Sínodo da Familia, ata o día 25, é interesante ler as novas que van chegando así como as homilías do Papa có gallo deste acontecemento, a familia é un dos pilares da sociedade e, por desgraza, está a pasar por moitos problemas e dificultades, teñamos presente esta intención nas nosas oracións.
+ mes de outubro, mes do rosario.O día 7 é a festa da Virxe do Rosario e todo o mes está dedicado a esta práctica de piedade, unha práctica ben sinxela, pero que nos pode aportar moito, ben feita, na nosa vida de piedade. Todos os días, media hora antes das eucaristías da mañá e da tarde, rezamos xuntos o rosario.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Setembro

Pasan os días…
Pouco a pouco van pasando os días e o verán comeza xa a despedirse de nós. Nestes meses non deixou de haber actividades na nosa parroquia. Bodas, bautizos, primeiras comunións, novenas, procesións… e tampouco faltaron os enterros e cabos de ano. Engadimos algunhas fotos das comunións, sobre todo dos días “comunitarios” onde foron mais numerosas: O día do Corpus, Santiago, Ascensión…
Por diante temos a novena ao noso patrón, S. Cibrao, desde o día 8. A festa de S. Cibrao, o 17, coa procesión solemne por as rúas do Carballiño, moitas actividades co gallo das festas da nosa vila, pero non esquezamos a parte relixiosa e pasemos un rato a saúdar ao noso patrono.

comuniones1

comuniones2

SCibrao

 

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

D. Manuel Rodicio

10625150_1464602870468758_6446478602801098871_n

Xa hai un ano que se nos foi…
Parece que foi onte, pero xa hai un ano que D. Manuel Rodicio nos deixou. O vindeiro sábado, 22 de agosto, ás 12 da mañá, no Templo da Veracruz teremos o seu cabodano. Seguímolo tendo presente no noso recordo e na nosa oración. Non deixes de vir.
Tomamos “prestada” a foto que no seu momento puxo a Cofradía da Veracruz e engadimos tamén unha parte do artículo que lle escribiu D. José Carlos Fernández Otero no diario “La Región”, que resume moi ben a súa figura:

“Existen días para olvidar, jornadas para un recuerdo triste. Este es el caso de Carballiño el 24 de agosto, fiesta de San Bartolomé, y día en el que nos dejaron dos personas queridas de esa para mí entrañable villa ourensana: Manolo Rodicio y Elia Hermida.

En primer lugar se nos ha ido el vicario parroquial de Carballiño y párroco de Señorín y Partovia, nuestro bien querido Manuel Rodicio Pérez. Y lo hizo como siempre había sido su estilo, en el silencio de una merecida siesta después del trabajo dominical. Llegó a la villa do Arenteiro el 31 de octubre de 1991 después de ejercer catorce años su ministerio en parroquias de la zona de Castro Caldelas, cerca de su lugar de nacimiento (24-10-1951) en el hermoso paraje de la Ribeira Sacra, Santa Cristina de Ribas do Sil. Había sido ordenado sacerdote el 27 de agosto de 1977.

Llegó a Carballiño siendo párroco Don Francisco, y al año siguiente comenzó una andadura fraternal con el actual párroco José Benito Sieiro, y con él y su hermana, durante 23 años, compartió casa, mesa y mantel. Porque Manolo Rodicio era un hombre tímido, humilde, sencillo, trabajador y discreto, que poco a poco se fue ganando el afecto y cariño de sus compañeros y también de sus feligreses. Un ejemplar sacerdote a quien el párroco y la parroquia de Carballiño van a echar mucho de menos…

Sigue siendo cierto que las personas nunca mueren de todo mientras vivan en el corazón de los vivos, y en este sentido permanecerán para siempre en nuestros corazones y en el recuerdo más sentido y entrañable. Descansen en paz estos dos personajes que han marcado una época en esa localidad especial en muchas cosas, desde la Veracruz, las aguas o el pulpo, hasta el afable carácter de sus vecinos.”

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Mes de xullo

Algunhas novas:

fotoobispo

  • O vindeiro 4 de xullo, sábado, teremos a visita pastoral do Sr. Bispo, D. J. Leonardo Lemos Montanet na nosa parroquia. Terá ocasión de encontrarse cós distintos grupos: Catequistas, Cofradías, Asociacións, etc… Tamén visitará o Asilo e a comunidade das Franciscanas. O día 18 estará en Señorín e Partovia.
  • Como outros anos, no verán suprímese a misa de 11,15 dos domingos. Xa está o horario actualizado nesta misma páxina web. Tamén as actividades parroquiais toman un merecido descanso nestes meses.
  • O día 7 de xullo comenza a novena á Virxe do Carme, o día 15 de xullo teremos, despois da eucaristía da tarde,a solemne procesión do Carme por as rúas do Carballiño, e o día 16 solemne eucaristía da festa.
  • O día 25 de xullo, festa do Apóstolo, día de precepto, farán a súa primeira comunión un grupo importante de rapaces. Os pais e nais dos mesmos teñen reunión no salón parroquial tres días antes para coordinarse (que haxa só un fotógrafo para todos eles, etc…).
Publicado en Sin categoría | Deja un comentario